Comida para levar – 2º trimestre

A partir da semana número 20 do curso escolar o alumnado do CS dirección de cociña desenvolverá un exercicio real onde o contexto profesional será realizar de xeito autónomo un servizo de comida para levar para 10 persoas.

Cada alumno/a realizará unha proposta individual que constará dun entrante, un prato principal e unha sobremesa cun prezo de venda de 6 euros por menú e comensal. O obxectivo deste exercicio é que o alumno/a realice un traballo de campo real onde intervén o marketing, a venda, o cálculo de necesidades de materia prima, a elaboración e concreción de fichas de traballo tipo por cada unha das elaboracións e, finalmente, a execución culinaria de propostas alimentarias equilibradas, sanas e con materias primas de calidade.

A partir do 17 de febreiro e cunha periodicidade semanal catro alumnos/as do CS dirección de cociña ofrecerán as súas propostas individuais constituindo para eles un exercicio de avaliación que durará ata o 10 de marzo.

Neste espazo publicaranse as ofertas culinarias de cada un dos 16 alummnos/as así como o xeito de realizar a reserva e pago polo servizo.

Agardamos que sexa do voso interese.